Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 7 de novembro de 2014 Páx. 46814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Dodro (expediente IN407A 2014/035-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/035-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTA, CTI e RBTA A Devesa.

Situación: concello de Dodro.

Características técnicas:

– Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1,857 km, coa orixe en apoio existente s/n da LMT BOI-807, tramo entre derivada a CT Bustelo (expediente 51.326) e CT Teaio (expediente 11.902), condutor tipo LA 56/54,6 mm2, e final no CT A Devesa
proxectado.

– Centro de transformación intemperie A Devesa, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Liña de baixa tensión aérea coa orixe no CT A Devesa proxectado, cunha lonxitude de 0,018 km, en condutor RZ.

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 dedecembro de 1954 de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre eles, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 15 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Número expediente: IN407A 2014/035-1.

Proxecto: LMTA, CTI e RBTA A Devesa.

Concello de Dodro.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Predio número

Lugar

Cultivo

Nome do propietario

Apoio

Afeccións

1

Cruz de Abelán

Monte alto

Comunidade de Montes Cruz de Abelán

1 (XS), 2, 3, 4: 15.0 m2.

ml aéreo: 661.0

m2 aéreo: 10576.0

2

Cruz de Abelán

Monte alto

Comunidade de Montes Cruz de Abelán

5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12 (SXS), 13 (CTI): 32 m2.

ml aéreo: 1196.0

m2 aéreo: 19136.0

3

Horta da Casa

Labradío

María Dulcerina Bustelo Tubío

m2 aéreo: 16.0