Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 7 de novembro de 2014 Páx. 46817

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2014/42-2, 8178 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento LMT en nova vía de acceso Porto Seco.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

– Recuamento no p.q. 2+200 da LMTA a CT Reigada, a 20 kV, con orixe nun paso aéreo a soterrado sobre apoio de formigón proxectado nº D57-16 e final nun paso aéreo a soterrado sobre apoio de formigón proxectado nº D57-17; entre os citados pasos aéreos a soterrados realízase unha liña de media tensión soterrada cunha lonxitude de 81 metros en condutor RHZ1-95.

– Recuamento no p.q. 3+600 da LMTA a CT Fontes a 20 kV, con orixe nun apoio de formigón existente nº D42-6-2 e final no apoio de formigón existente nº D42-6-4, intercálase un apoio novo de formigón tipo HV13/1000 cunha lonxitude de 268 metros en condutor LA-56.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 16 de outubro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo