Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 7 de novembro de 2014 Páx. 46793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 22 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas en varios recursos administrativos (expedientes RA/O/2009/00128 e RA/O/2011/00045).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas nos recursos administrativos, devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinaren a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Complexo Administrativo San Caetano, bloque 5, Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo sinalado no anexo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Nº de recurso

Nº de expediente

Recorrente/interesado

Resolución
do recurso

Recurso contencioso-administrativo perante

RA/O/2009/00128

SANC/76/09

Comercial y Otero

Desestimatoria

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra

RA/O/2011/00045

SANC/13/11 e SANC/14/11

Milucho Maderas y Cantería, S.L.

Inadmisión

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia