Faise pública a decisión do 14 de outubro de 2014 de non someter o Plan especial en desenvolvemento da U.E.I. número 21 do Plan xeral de ordenación do concello de Vilagarcía de Arousa ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da devandita lei.
Esta decisión pódese consultar no seguinte enderezo da internet:
http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1667/2014.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2014
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental