Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 7 de novembro de 2014 Páx. 46791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de adecuación interior da nave almacén no polígono do Tambre en Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 29/2014 SXT.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21371

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: adecuación interior da nave almacén no polígono do Tambre en Santiago de Compostela.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45453100-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 99.052,19 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 99.052,19 €; importe total: 119.853,15 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 14.10.2014.

b) Data de formalización do contrato: 15.10.2014.

c) Adxudicatario: Obradoiro de Servicios y Reformas, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 97.052,19 €; importe total con IVE: 117.433,15 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2014

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas