Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 7 de novembro de 2014 Páx. 46848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 14 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador ES-P-0041/14.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 14 de outubro de 2014

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesado: Abel Iglesias Justo.

Expediente: ES-P-0041/14.

Último domicilio coñecido: rúa Pintor Urbano, nº 1, 3º K, Pontevedra.

Indicación do contido: notifícaselle o acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0041/14 contra Abel Iglesias Justo, como suposto responsable dunha infracción leve, ao abeiro dos artigos 104 e 108 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.

Alegacións: de acordo co sinalado no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle á persoa interesada un prazo de 15 días, que se contarán a partir do seguinte ao da notificación deste acordo, para achegar as alegacións, documentos ou i nformacións que considere adecuados e, de ser o caso, propor proba, concretando os medios de que pretenda valerse.