Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 7 de novembro de 2014 Páx. 46849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato das obras de mellora do abrigo das instalacións náutico-deportivas de Porto do Son (A Coruña), non suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras: mellora do abrigo das instalacións náutico-deportivas de Porto do Son (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 1/2014/CNTOB.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20108

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: mellora do abrigo das instalacións náutico-deportivas de Porto do Son, A Coruña.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 32.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 17 de febreiro de 2014.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, sistema multicriterio.

4. Valor estimado do contrato.

823.363,74 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 823.363,74 euros. Importe total: 996.270,13 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 6 de outubro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 15 de outubro de 2014.

c) Contratista: Arias Hermanos Construcciones, S.A.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 702.246,04 euros. Importe total: 849.717,70 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia