Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 24 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións, disolucións e cancelacións de diversas sociedades agrarias de transformación (SAT).

Advertido erro na mencionada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 197, do 15 de outubro, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 44327, no referente á sociedade agraria de transformación San Cidre, SAT nº 784 XUGA, onde di: «na asemblea xeral do 7 de marzo de 2014, que ratifica a do 5 de marzo de 2013 e a do 16 de novembro de 2013», debe dicir: «na asemblea xeral do 7 de marzo de 2014, que ratifica a do 16 de novembro de 2013 mais a do 5 de marzo de 2014».

Na páxina 44329, no referente á sociedade agraria de transformación Catro Camiños, SAT nº 1218 XUGA, no punto 1, onde di: «Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Castor Méndez López, presidente; Jesús Méndez López, secretario e Juan Carlos Méndez López como vogal», debe dicir: «Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por María Josefa Silvosa Veiga, presidenta; Sonia Blanco Silvosa, secretaria; Alberto Blanco Silvosa, tesoureiro; María Julia López Fernández, Ana Isabel Blanco Silvosa y Fernando Blanco Riesgo, como vogais».

Na páxina 44329, no referente á sociedade agraria de transformación Ferreira, SAT nº 1313 XUGA, no punto 2, onde di: «Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: María Josefa Silvosa Veiga, presidenta; Sonia Blanco Silvosa, secretaria; Alberto Blanco Silvosa, tesoureiro; María Julia López Fernández, Ana Isabel Blanco Silvosa e Fernando Blanco Riesgo, como vogais», debe dicir: «Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por Jesús Trabada Millares, presidente; Jesús Ángel Trabada Dorado, secretario; Carmen Dorado Fernández, vogal».