Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 21 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia do apercibimento previo á imposición de multas coercitivas do expediente sancionador MON-CO-0057/2008-ONA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada por comparecencia.

A interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes-Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado apercibimento e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: MON-CO-0057/2008-ONA.

Interesada: Fergo Galicia, S.A.

Acto de notificación: apercibimento previo á imposición de multas coercitivas.

Último enderezo coñecido: Cantón Grande, 6, 1º D, A Coruña.