Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46626

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (607/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 607/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Gómez Reino contra Xestunor, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza

En Santiago de Compostela o 16 de outubro de 2014

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos nº 607/2013, promovidos perante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Beatriz Gómez Reino, asistida pola letrada Rosa María Martínez Ferreiro contra Xestunor, S.L., que non comparece, foi citado o Fogasa, que non comparece, pronunciou a presente sentenza.

(…)

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Beatriz Gómez Reino contra a empresa Xestunor, S.L. e, en consecuencia, que a condeno a aboarlle á demandante 3.225,39 euros, importe que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET. Condeno o Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso segundo da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Xestunor, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2014

A secretaria xudicial