Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 3 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución de non concesión de axuda ou subvención ao programa para a promoción do emprego autónomo, regulada na Orde do 30 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 20 de xaneiro de 2012), relativa ao expediente TR341D 2012/913-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 3 de outubro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2012/913-2.

Nome: Óscar Crecente Castro.

DNI/NIF: 33350761W.

Axuda: subvención pola primeira contratación indefinida.

Último enderezo coñecido: avenida A Terra Chá, 46, portal 2, baixo A, 27260 Castro de Ribeiras de Lea (Lugo).

Contido da resolución ditada o 5 de xuño de 2014 polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Traballo e Benestar: non conceder a axuda ou subvención solicitada dado o esgotamento do crédito suficiente no momento da resolución.