Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto, tramitación urxente, documentalmente simplificada e anticipada de gasto, para a contratación de servizos de limpeza en centros dependentes desta xefatura territorial.

Esta xefatura territorial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a licitación dos contratos que a continuación se relacionan:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2) Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar.

3) Localidade e código postal: Vigo 36201.

4) Teléfono: 986 81 77 25.

5) Fax: 986 81 76 83.

6) Correo electrónico: traballoebenestar.vigo@xunta.es

7) Perfil do contratista: http://www.contratosdegalicia.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 3 expedientes que, deseguido, se relacionan.

2. Obxecto dos contratos.

a) Tipo: servizos.

b) División por lotes: non.

c) Admisión de variantes: non.

d) Requisitos específicos do contratista: non.

e) Clasificación empresarial: non se exixe.

f) Solvencia económico-financeira e técnico-profesional: son as establecidas nos artigos 75.1.a) e 78.a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Descrición de cada un dos expedientes:

I. Expediente nº 88/2014: limpeza na Residencia de Maiores de Marín.

a) Lugar de execución: rúa Ezequiel Massoni, 9, 36900 Marín (Pontevedra).

b) Orzamento base de licitación: 176.508,00 € (IVE 21 %: 37.066,68 €) total 213.574,68 €.

c) Prazo de execución: 2 anos (2015 e 2016).

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPA: 81.21.10. CPV: 90910000 servizos de limpeza.

II. Expediente nº 89/2014: limpeza no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade.

a) Lugar de execución: barrio Parada-A Chapela, camiño do Gaio, 23, 36320 Redondela (Pontevedra).

b) Orzamento base de licitación: 166.400,00 € (IVE 21 %: 34.944,00 €) total 201.344,00 €.

c) Prazo de execución: 2 anos (2015 e 2016).

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPA: 81.21.10. CPV: 90910000 servizos de limpeza.

III. Expediente nº 92/2014: limpeza nos centros socio-comunitarios de Redondela, Vilaxoán e Lalín.

a) Lugar de execución: paseo da Xunqueira, 25, 36800 Redondela (Pontevedra); rúa do Peirao, 10, 36611 Vilaxoán (Pontevedra); e rúa Xoaquín Lóriga, s/n, 36500 Lalín (Pontevedra).

b) Orzamento base de licitación: 42.148,80 € (IVE 21 %: 8.851,25 €) total 51.000,05 €. Valor estimado do contrato 84.297,60 €.

c) Prazo de execución: 1 ano.

d) Admisión de prórroga: si, por período de igual duración.

e) CPA: 81.21.10. CPV: 90910000 servizos de limpeza.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto, contratación documentalmente simplificada.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Garantías exixidas: provisional, non. Definitiva, 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

5. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados desde o seguinte ao de publicación deste anuncio.

b) Modalidade de presentación: sobres pechados e selados, segundo o establecido no punto 6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo (Pontevedra), aberto de luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas, e sábados das 9.00 ás 14.00 horas.

As propostas tamén poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión, xustificando a data e hora da admisión do envío e anunciándoo á Xefatura Territorial de Vigo, mediante fax, telegrama ou correo electrónico, no mesmo día e nun só envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das propostas.

6. Apertura de ofertas: terá lugar en acto público, nunha das salas de xuntas da Xefatura Territorial de Vigo, á hora e data que será anunciada con tres días hábiles de antelación, no perfil do contratista.

a) Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, 36201 Vigo.

7. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios (aprox. 10,82 € por liña).

Vigo, 29 de outubro de 2014

María Rita Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo