Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46581

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da prestación do servizo de recollida selectiva e transporte de residuos, limpeza e mantemento de contedores.

Por Decreto da Alcaldía, do 9 de outubro de 2014, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 07/14).

2. Obxecto do contrato: recollida selectiva e transporte de residuos (envases lixeiros, papel e cartón), limpeza e mantemento dos contedores do concello do Porriño.

3. Tipo de contrato: contrato reservado a centros especiais de emprego, segundo a disposición adicional quinta do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

4. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

5. Orzamento base de licitación: 17.160 € (15.600 € máis 1.560 € en concepto do 10 % de IVE), polo prazo de dous (2) anos, con posibilidade de prórroga de dous (2) anos.

6. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

7. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

8. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

9. Gastos de anuncios: serán conta do licitador que resulte adxudicatario.

10. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 9 de outubro de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde