Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46582

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da delegación de facultades do Concello das Neves.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de setembro de 2014, acordou por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello das Neves por Acordo do Pleno municipal do 26 de maio de 2014, e seguindo o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección da liquidación da taxa por tendidos, tubaxes e galerías para as conducións de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído, incluídos os postes para liñas, cables, bolboretas, caixas de amarre, de distribución ou de rexistro, transformadores, carrís, básculas, aparellos para a venda automática e outros análogos que se establezan sobre vías públicas ou outros terreos de dominio público municipal ou voen sobre eles (ordenanza nº 8) así como a emisión, recadación e revisión da liquidación derivada desta (taxa 1,5 %).

A citada delegación levaraa a cabo a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 6 de outubro de 2014

Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación Provincial
de Pontevedra

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial
de Pontevedra