Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46580

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle da zona 6 do SU-5 (expediente Planeamento Urbanístico 2014011045).

Anúnciase que a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 2 de outubro de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«18. Aprobación inicial de estudo de detalle da zona 6 do SU-5. Expediente Planeamento Urbanístico: 2014011045.

A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade acordou:

1º. Aprobar inicialmente o estudo de detalle da zona 6 do SU-5 redactado de oficio polo Departamento Técnico de Planeamento e Xestión Urbanística.

2º. Sometelo a información pública polo prazo mínimo de vinte días, mediante anuncios que se publicarán no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia e notificación individualizada aos titulares de bens e dereitos no ámbito».

Ourense, 8 de outubro de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente