Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46457

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2014 pola que se fai público o acordo do Consello Reitor sobre o nomeamento do posto de director/a da Área de Servizos, anunciado pola Resolución do 4 de xullo de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 137, do 21 de xullo).

Unha vez convocada a provisión dun posto de persoal directivo vacante na Axencia Galega de Innovación, mediante a Resolución do 4 de xullo de 2014 (DOG núm. 137, do 21 de xullo), de conformidade co establecido no punto nove das bases da convocatoria e no artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade ao acordo do Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación, celebrado o 10 de setembro de 2014, sobre o nomeamento dun posto de persoal directivo vacante na Axencia Galega de Innovación, anunciado pola Resolución do 4 de xullo de 2014 (DOG núm. 137, do 21 de xullo).

Segundo. A persoa nomeada para o desempeño do posto de traballo de referencia exprésase no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra o acordo do Consello Reitor, os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2014

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Apelidos e nome: Abella Anido, José Manuel.

Denominación do posto: director/a da Área de Servizos.

Código: IN.A11.00.003.15770.001.

Directivo: grupo III, nivel 2.

Localidade: Santiago de Compostela.