Unha vez convocada a provisión dun posto de persoal directivo vacante na Axencia Galega de Innovación, mediante a Resolución do 4 de xullo de 2014 (DOG núm. 137, do 21 de xullo), de conformidade co establecido no punto nove das bases da convocatoria e no artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro,
DISPOÑO:
Primeiro. Dar publicidade ao acordo do Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación, que tivo lugar o 10 de setembro de 2014, sobre o nomeamento dun posto de persoal directivo vacante na Axencia Galega de Innovación, anunciado pola Resolución do 4 de xullo de 2014 (DOG núm. 137, do 21 de xullo).
Segundo. A persoa nomeada para o desempeño do posto de traballo de referencia exprésase no anexo desta resolución.
Terceiro. Contra o acordo do Consello Reitor, os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2014
Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación
ANEXO
Apelidos e nome: Pazos Álvarez, Sonia.
Denominación do posto: director/a da Área de Centros.
Código: IN.A11.00.004.15770.001.
Directivo: grupo III, nivel 2.
Localidade: Santiago de Compostela.