Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización da contratación, por procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado, do servizo para o control e vixilancia das obras de acceso ao porto de Burela (clave LU/06/048.03.1) (expediente AT/015/2014).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o Estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar o seguinte contrato administrativo:

Contrato de servizo para o control e vixilancia das obras de acceso ao porto de Burela. Clave: LU/06/048.03.1. Expediente: AT/015/2014.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: LU/06/048.03.1. (AT/015/2014).

2. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp? N=20578

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contrato de servizo para o control e vixilancia das obras de acceso ao porto de Burela.

c) CPV: 71311210-6.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 27 de maio de 2014, BOE do 29 de maio e DOG do 4 de xuño.

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

5. Valor estimado do contrato: 223.720 €.

6. Orzamento base de licitación: importe neto: 223.720 €. Importe total: 270.701,20 €.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12 de setembro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 16 de outubro de 2014.

c) Adxudicataria: G.O.C., S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 172.040,68 €. Importe total: 208.169,22 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas