Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización da contratación, por procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado, das obras de actualización e terminación do acceso ao porto de Burela (clave LU/06/048.03.1) (expediente E/018/2014).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o Estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar o seguinte contrato administrativo:

Contrato de obras de actualización e terminación das obras de acceso ao porto de Burela. Clave LU/06/048.03.1. Expediente E/018/2014.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: LU/06/048.03.1. (E/018/2014).

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp? N=20540

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: actualización e terminación das obras de acceso ao porto de Burela.

c) CPV: 45233000-9.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: DOUE (16 de maio de 2014), BOE (24 de maio de 2014) e DOG (23 de maio de 2014).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 6.332.380,63 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 6.332.380,63 €. Importe total: 7.662.180,56 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12 de setembro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 16 de outubro de 2014.

c) Adxudicataria: S.A. de Obras e Servizos, Copasa.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 5.395.000 €. Importe total: 6.527.950 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas