Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización da contratación, por procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado, do servizo para a realización de inventarios e inspeccións principais de obras de paso existentes na Rede autonómica de estradas de Galicia (clave GA/14/009.02) (expediente AT/014/2014).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o Estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar o seguinte contrato administrativo:

Contrato de servizo para a realización de inventarios e inspeccións principais de obras de paso existentes na Rede autonómica de estradas de Galicia. Clave: GA/14/009.02. Expediente AT/014/2014.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: GA/14/009.02 (AT/014/2014).

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp? N=20459

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contrato de servizos para a realización de inventarios e inspeccións principais de obras de paso existentes na Rede autonómica de estradas de Galicia.

c) CPV: 71311210-6.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: DOUE (7 de maio de 2014), BOE (9 de maio de 2014) e DOG (9 de maio de 2014).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 357.595 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 178.797,50 €. Importe total: 216.344,98 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28 de agosto de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 1 de outubro de 2014.

c) Adxudicatarias: UTE Temha, S.A.-Intemac, S.A.-Fhecor, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 128.823,60 €. Importe total: 155.876,56 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas