Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2014/041-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Número de expediente: IN407A 2014/041-1.

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, nº 20-baixo, 15840 Santa Comba.

Denominación: LMTS Ventosa-Brasil II-Pontevedra e CT Ramos.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas:

– A liña de media tensión soterrada iníciase no centro de seccionamento existente no núcleo de Ventosa (expediente 328/2010) onde se instalará unha cela de protección de saída de liña. Desde este CS parte un tramo de liña soterrada de media tensión por unha canalización existente (expediente 43/1996) ata o centro de transformación e seccionamento Ramos (que se vai executar) e desde este CT e S Ramos partirán dous novos tramos de liña soterrada de media tensión, que un alimentará o CT Brasil II (expediente 103/2007) e outra alimentará o CT Pontevedra (expediente 52.439). En ambos os centros se instalará unha cela de protección de saída de liña. A lonxitude total da liña será de 665 metros, o condutor empregado será RHZ1-2OL 12/20 kV 240 mm2 Al, con tensión nominal de 20 kV.

– O centro de transformación e seccionamento Ramos situarase en local específico na planta baixa do edificio ubicado na rúa Eduardo Pondal (Santa Comba) e estará composto por tres celas de liña e unha de protección modulares de illamento e corte SF6; un conxunto de pararraios autoválvulas de 10 kA-24 kV en bornes do trafo; un transformador de 400 kVA con refrixeración natural en baño de aceite, con tensión primaria de 20 kV e tensión secundaria de 400/230 V e un cadro de baixa tensión con interruptor automático con relés de regulación.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54) esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 20 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña