Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2014/132-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/132-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS e CTC, rúa Jacinto Amigo Lera, rúa Martín Herrera.

Situación: Concello de Carballo.

Características técnicas:

LMT subterránea a CT r/ Jacinto Amigo Lera a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,152 km, con orixe en empalme que se realizará na LMT CBL-704A, tramo entre o CT Carpinteiros (expediente 2009/143) e CS telefónica Carballo, condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3(1×240 Al e final no CT r/ Jacinto Amigo Lera (proxectado).

CT non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15,000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 14 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña