Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 13 de outubro de 2014, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución de sobresemento e arquivamento relativa á denuncia efectuada en relación coas obras realizadas en vivendas de promoción pública do grupo San Roque da Gudiña.

Mediante esta cédula notifícaselle á persoa que se menciona no anexo a resolución de sobresemento e arquivamento relativa á denuncia efectuada en relación coas obras realizadas en vivendas de promoción pública do grupo San Roque, da Gudiña, por non ser posible á súa notificación a través do servizo de Correos, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra a dita resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, de acordo co previsto no artigo 114 da citada Lei 30/1992.

Ourense, 13 de outubro de 2014

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Ernesto Martínez Cortés.

Rúa San Roque, núm. 2, baixo C; 32540 A Gudiña.