Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46567

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 10 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do curso dun procedemento de renuncia a un contrato de alugamento e polo que se emprazan os interesados para a comparecencia.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por descoñecer o domicilio dos interesados que se relacionan no anexo, emprázanse estes para que comparezan no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4ª planta, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde se lles dará conta do acto que se lles intenta notificar.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao desta publicación.

Pontevedra, 10 de outubro de 2014

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: PO.2001NR01, cta. 67.

Nome dos interesados: Yolanda Varela Pardo e José Manzorro Reyes.

Último domicilio coñecido: Poboado Mineiro de Fontao, vivenda nº 67, concello de Vila de Cruces.

Indicación do contido do acto: resolución pola que se acepta a renuncia.