Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de outubro de 2014 pola que se notifica a imposición dunha segunda multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por rexeitar a súa destinataria a repartición (expediente IU2/124/2010).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 5 de setembro de 2014 unha resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número IU2/124/2010 a María Carmen Varela Recimil como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 22 de setembro de 2011, que ordenaba a demolición das obras dunha edificación composta de soto e planta baixa de 94 m2 por planta e un pórtico de 3 m2, promovidas pola interesada na parcela con referencia catastral 54057A126003910000BF, na avenida de Ricardo Mella, 219, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta. Con todo, a notificación enténdese producida desde a data do rexeitamento na reparticion realizada polo servizo de Correos, consonte o artigo 59.4 da LRXPAC.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva e que será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.

No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se situe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación a citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística