Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2014 pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación urxente, da subministración, montaxe e posta en funcionamento de puntos de autoxestión para servizos informáticos en portos pesqueiros de Galicia (Proxecto TICPESC 3ª fase), cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Pesca (expediente 110/2014).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 110/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración, montaxe e posta en funcionamento de polo menos 24 puntos de autoxestión para servizos informáticos do proxecto TICPESC, que darán soporte á actividade diaria da pesca, acuicultura e primeira comercialización.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: ver cláusula F. Prazo e lugar de entrega, da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: 189.600,00 €, máis 39.816,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 229.416,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21466

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do PCAP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no PCAP.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n, 2º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do PCAP.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia