Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46297

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (520/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 520/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Leonardo Rolle Piñeiro contra o Fogasa, Pesca Natural en Altamar, S.L., sobre despedimento, se ditou a Sentenza 399 co encabezamento e decisión do teor literal:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2014.

En virtude do poder conferido pola Constitución e en nome do rei.

Amelia María Cortizo Moure, maxistrada xuíza substituta, servindo no Xulgado do Social número 3 desta cidade ditou a presente resolución no procedemento 520/2014 que versa sobre despedimento entre partes:

Demandante. Francisco Leonardo Rolle Piñeiro asistido do letrado Sr. Blanco Lobeiras.

Demandado. A empresa Pesca Natural en Altamar, S.L. que non compareceu ao xuízo a pesar de estar citada en legal forma.

O Fondo de Garantía Salarial representado polo letrado Sr. Crespi.

Serven de base á presente decisión a resultancia fáctica con particular reflexo da premisa relevante, para efectos decisorios, e fundamentación xurídica que se desenvolverá por continuación e conforme a orde que segue:

(…)

Decido:

Que estimando como estimo a demanda formulada por Francisco Leonardo Rolle Calvo contra Pesca Natural en Altamar, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento do traballador do 14.5.2014, condenando a empresa demandada Pesca Natural en Altamar, S.L., a que lle aboe ao traballador unha indemnización de 1.627,40 € ou, á súa elección, a readmitilo no seu posto de traballo nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento e a aboarlle a cantidade diaria de 197,26 € desde a data do despedimento (14.5.2014) ata a efectiva readmisión, opción que deberá efectuar a condenada a través de escrito que se presentará ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza e entenderase que opta pola readmisión en caso de non manifestar nada no prazo indicado.

Así mesmo, condeno a demandada Pesca Natural en Altamar, S.L., a aboarlle as custas do procedemento que incluirían os honorarios de letrado do demandante, Sr. Blanco Lobeiras, na contía de seiscentos euros (600,00 €).

Declárase a responsabilidade do Fogasa dentro dos limites que lle recoñece a lei.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes coas especialidades previstas nas leis respecto da empresa demandada.

Lévese testemuño literal aos autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pesca Natural en Alta Mar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2014

A secretaria xudicial