Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:
Número de expediente: IN407A 2014/117-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS e CTC aldea As Escaselas-A Anchoa.
Situación: concello de Fisterra.
Características técnicas:
Liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,046 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS POT-807, tramo entre o CT Fincas Barbanza (expediente 92/07) e o CT Los Corales (expediente 91/07), condutor tipo RHZ1 12/20 kV (1×240 Al), e final no CT aldea As Escaselas-A Anchoa (proxectado).
Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.
A Coruña, 10 de outubro de 2014
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña