Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ares (IN407A 2013/152-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2013/152-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS e CTC rúa Celso Emilio Ferreiro, 2.

Situación: concello de Ares.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a CT rúa Celso Emilio Ferreiro, nº 2, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,138 km, con orixe e final en empalmes proxectados na LMTS VDC-711, tramo entre o CT estrada a Mugardos (expediente 22/06) e o CT Celso Emilio Ferreiro (expediente 330/05), en condutor RHZ1-2OL-12/20kV 3(1×240) Al, unha vez entra e saia do centro de transformación rúa Celso Emilio Ferreiro, nº 2 proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 10 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña