Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información publica o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación San Antonio V fracción 11, número 5736.11, no concello de Friol (Lugo), promovido por Ingemarga, S.A.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro (BOE núm. 296, do 11 de decembro), de avaliación ambiental e, así mesmo, no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño) esta xefatura territorial

RESOLVE:

Someter a información pública durante un prazo de 30 días hábiles o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada de permiso de investigación que a seguir se describe:

Solicitante: Ingemarga, S.A.

Domicilio social: estrada do Campamento Militar de Parga, 27305 Guitiriz.

Nome: San Antonio V fracción 11.

Número: nº 5736.11.

Situación: Friol.

Cuadrículas minerias: oito (8).

Recurso: granito.

A designación do terreno é a seguinte:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

7° 52’ 00” O

43° 07’ 00” N

2

7° 50’ 40” O

43° 07’ 00” N

3

7° 50’ 40” O

43° 06’ 20” N

4

7° 52’ 00” O

43° 06’ 20” N

Durante o prazo indicado aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán consultalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial, no Concello de Friol e no portal da Consellería de Economía e Industria (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras) e formular as súas alegacións perante este órgano administrativo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, 2º, baixo, 27071 Lugo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Ley 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria prevista na Lei 21/2013, do 9 de decembro, á cal está sometido o presente proxecto, cuxa autorización compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía e Industria ao abeiro do establecido da Lei 3/2008, do 23 de maio.

Lugo, 3 de outubro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo