Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46154

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2014 pola que se crean ficheiros con datos de carácter persoal.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, determina que a creación, modificación ou supresión de ficheiros de utilidade pública só poderá facerse mediante disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou no diario oficial correspondente.

Na súa virtude, de conformidade co precepto citado,

RESOLVO:

Primeiro. A creación dos ficheiros con datos de carácter persoal da Universidade da Coruña que figuran no anexo desta disposición.

Segundo. A publicación desta disposición de carácter xeral no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de outubro de 2014

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Nome do ficheiro:

Usuarios Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar.

Responsable do ficheiro:

Universidade da Coruña, Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña.

Finalidade do ficheiro:

xestión do servizo de axuda a familias con problemas.

Interesados:

usuarios.

Orixe dos datos:

propio interesado.

Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro:

nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono, imaxe, sinatura, características persoais, detalles do emprego, académicos e profesionais, saúde.

Destinatarios de cesións:

non hai cesión prevista.

Pódense exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición ante:

Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña, Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar.

Nivel de seguridade do ficheiro:

alto.

Sistema de tratamento:

mixto.

Nome do ficheiro:

Investigación e docencia.

Responsable do ficheiro:

Universidade da Coruña, Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña.

Finalidade do ficheiro:

investigación da mellora da atención terapéutica e educativa a familias e formación a profesionais.

Interesados:

profesionais que recibirán formación sobre a materia.

Orixe dos datos:

propio interesado.

Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro:

imaxe, saúde.

Destinatarios de cesións:

non hai cesión prevista.

Pódense exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición ante:

Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña, Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar.

Nivel de seguridade do ficheiro:

alto.

Sistema de tratamento:

mixto.