Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46156

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2014, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo), polo que se procede á publicación das puntuacións correspondentes á baremación provisoria da fase de concurso.

En sesión que tivo lugar o 28 de outubro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, acordou:

Primeiro. Proceder á publicación da baremación provisoria da fase de concurso correspondente ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, dos aspirantes que presentaron a documentación. A relación das puntuacións obtidas recóllense no anexo desta resolución.

Segundo. De acordo co disposto na base II.2.6 da convocatoria, contra a baremación os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2014

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Base II.2.1

Base II.2.2

Total

47365770-F

García Varela, Javier

0

22,62

22,62

35473745-V

Leirós Alonso de Velasco, Jaime

0

9,32

9,32