Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46150

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Academia A Mariña.

3. Datas:

Os días 17, 19, 20, 25 e 27 de novembro de 2014.

4. Lugar de realización:

Academia de Ensinanza Newton.

Rúa Rouco Varela, nº 24, baixo.

27800 Vilalba (Lugo).

5. Número de prazas:

Máximo 30 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 17.11.2014

15.30-17.30 h

Biocidas. Descrición e xeneralidades.

17.30-19.45 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

Día 19.11.2014

15.30-18.30 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria e os métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación dos biocidas.

18.30-19.45 h

Praguicidas e ambiente. Problemas que presentan. Destrución de envases.

Día 20.11.2014

15.30-16.30 h

Praguicidas e ambiente II. Problemas que presentan II. Destrución de envases II.

16.30-19.45 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

Día 25.11.2014

8.30-11.30 h

Prácticas e demostración/exemplificación con EPI.

11.30-12.45 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Prácticas.

Día 27.11.2014

8.30-10.30 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas.

10.30-11.45 h

Repaso xeral.

11.45-12.45 h

Realización do exame.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente, co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Academia A Mariña.

Datas: os días 17, 19, 20, 25 e 27 de novembro de 2014.

Lugar de realización do curso:

Academia de Ensinanza Newton.

Rúa Rouco Varela, nº 24, baixo.

27800 Vilalba (Lugo).

Duración:

20 horas teórico-prácticas.

Horario:

O 17, 19 e 20 de novembro, das 15.30 ás 19.45 horas. Os días 25 e 27 de novembro, das 8.30 ás 12.45 horas.

Nº de prazas:

Máximo 30 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición á Academia A Mariña. Avenida Arcadio Pardiñas, 44, entresollado, 27880 Burela (Lugo) á atención de Ramón Hermida Pumares.

Teléfono: 982 58 50 98. Fax: 982 57 51 01.
Correo electrónico: formacion@amarina.org, acompañada de:

– Fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso.

Criterio de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

Nome e apelidos.....................................................................................................................

Data de nacemento................................................................................................................

NIF/DNI..................................................................................................................................

Enderezo..................................................................................................................................

CP......................................... Localidade................................................................................

Teléfono.............................. Correo electrónico......................................................................