Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46074

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (205/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 205/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Franco Mouzo, Sandra María Martínez López, Rubén Río Iglesias contra Río Franco Técnicos Asociados, S.L. e o Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decido.

1º. Admito a demanda formulada por Sandra María Martínez López, Juan Manuel Franco Mouzo e Rubén Río Iglesias fronte á empresa Río Franco Técnicos Asociados, S.L. e condeno estas a aboar á parte demandante as cantidades seguintes:

A Sandra María Martínez López un principal de 1.505,10 euros e 404,11 euros como xuros moratorios.

A Juan Manuel Franco Mouzo un principal de 5.855,48 euros e 1.572,16 euros como xuros moratorios.

A Rubén Río Iglesias un principal de 4.391,61 euros e 1.179,12 euros como xuros moratorios.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.5 último parágrafo e 6 inciso primeiro e artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, cando se encontraba celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Río Franco Técnicos Asociados, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de outubro de 2014

A secretaria xudicial