Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo para o desenvolvemento evolutivo do sistema de gravación de vistas orais eFidelius, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo POEC 2007-2013 (expediente 02/2014).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades no sistema de gravación de vistas orais eFidelius V5, así como a garantía do uso efectivo da versión actualmente en produción en distintos órganos xudiciais, para a súa posta á disposición de todas as administracións competentes en materia de xustiza.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 20.1.2014.

DOUE: 9.1.2014.

BOE: 29.1.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: urxente.

4. Valor estimado do contrato: 1.246.203 €.

5. Orzamento base de licitación: 415.401 € máis 87.234,21 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 502.635,21 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 15.5.2014.

b) Data de formalización do contrato: 18.6.2014.

c) Contratista: Vitel, S.A.

d) Importe de adxudicación: 432.266,28 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia