Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e trámite ordinario, dun precontrato privado de seguro para faltas de pagamento e defensa xurídica, polo que se fixan as condicións nas cales o adxudicatario terá a obriga de concertar o seguro correspondente coas persoas beneficiarias do programa Aluga (expediente IGVS04-14).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: precontrato privado de seguro para faltas de pagamento e defensa xurídica, polo que se fixan as condicións nas cales o adxudicatario terá a obriga de concertar o seguro correspondente coas persoas beneficiarias do programa Aluga.

b) Prazo de execución: dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento de licitación é de 109.116,00 €. Deste precontrato non derivan obrigas económicas para o IGVS.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

A proba da solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional efectuarase polos medios precisados no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación.

– Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos cales se deberá rexer a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas. Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet:

• http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21304

– Tamén no perfil do contratante:

• http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir ese día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas, nun prazo non superior a 7 días contados desde a apertura da documentación administrativa, que será anunciada no perfil do contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas da data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2014

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo