Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2014 pola que se somete a información pública o proxecto de execución da obra hidráulica de mellora dos bombeos de Esteiro e Sabuqueiro e de telexestión en Boiro (A Coruña).

A obra correspondente ao proxecto de execución da obra hidráulica de mellora dos bombeos de Esteiro e Sabuqueiro e de telexestión, Boiro (A Coruña), de clave: OH.315.1029, é considerada de interese da Comunidade Autónoma, xa que está incluída no Plan hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, aprobado polo Real decreto 1332/2012, do 14 de setembro.

No proxecto defínense e valóranse as actuacións necesarias para renovar e mellorar a rede de saneamento de augas residuais de Boiro, que conta con catro elementos principais conectados en serie: tanque de Chouza, bombeo de Esteiro, bombeo de Sabuqueiro e estación depuradora de augas residuais de Cabo de Cruz.

A actuación hidráulica cofinánciaa a Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos; tema prioritario ou medida 46: tratamento de augas residuais.

Considerando o exposto, ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, no Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, aprobado polo Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, e segundo o disposto no artigo 12.c) do Decreto 59/2013, do 14 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, en materia de execución e explotación de infraestruturas hidráulicas,

RESOLVO:

Someter a información pública o proxecto de mellora dos bombeos de Esteiro e Sabuqueiro e de telexestión, Boiro (A Coruña), de clave: OH.315.1029, durante un prazo de trinta días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo anteriormente sinalado, o documento técnico poderá consultarse nas dependencias de Augas de Galicia, sitas na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo, Santiago de Compostela (A Coruña), e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.es e poderán dirixirse ao mesmo enderezo as alegacións ou consideracións que se consideren oportunas.

O que se fai público para todos os efectos legais e regulamentarios de aplicación na materia e para o seu coñecemento xeral.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2014

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia