Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 8 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública una relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de axudas polo fomento da contratación indefinida inicial, reguladas na Orde do 4 de maio de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 86, do 7 de maio), relativa aos expedientes TR348A 2010/000503-1 e catro máis.

Intentada a notificación das citadas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícase aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contarse a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 8 de outubro de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR348A 2010/000503-1.

Nome ou razón social: Cafeterías Gallaecia, S.L.

Último enderezo coñecido: lugar Barral, 15920 Rianxo (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Precepto infrinxido: base sétima en relación coa base oitava do anexo A da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348A 2010/000434-1.

Nome ou razón social: Talleres Asturgal, S.L.

Último enderezo coñecido: avenida de Mugardos, 60, 15624 Ares (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Precepto infrinxido: base sétima en relación coa base oitava do anexo A da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348A 2010/000283-1.

Nome ou razón social: Romero Pazos, María José.

Último enderezo coñecido: Ría de Noia, 13, baixo B, 15142 Arteixo (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Precepto infrinxido: base sétima en relación coa base oitava do anexo A da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348A 2010/000721-1.

Nome ou razón social: Lago Fernández, Juan Carlos.

Último enderezo coñecido: rúa do Norte, 128, baixo, 15895 Ribeira (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Precepto infrinxido: base sétima en relación coa base oitava do anexo A da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348A 2010/000703-1.

Nome ou razón social: Karopak, S.L.

Último enderezo coñecido: polígono industrial do Tambre, vía Edison, 52 A, 2ª planta, 15890 Santiago de Compostela (A Coruña).