Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación Empresarial de Transportes Regulares de Viajeros por Carretera de Galicia-Fenebús Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados os estatutos da Asociación Empresarial de Transportes Regulares de Viajeros por Carretera de Galicia-Fenebús Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación empresarial as empresas que teñan traballadores por conta allea, presten servizos de transporte no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e reúnan as condicións indicadas no artigo 1 dos estatutos.

Asinan a acta de constitución: Antonio Piña Antón, en representación da empresa Domínguez y Fernández, S.L., María Pilar Piña González en representación da empresa Anpian, S.A. e Javier Gilda Rodríguez en representación da empresa Arriva Noroeste, S.L.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2014

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social