Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria suxeito a regulación harmonizada, do acordo marco cun único empresario para a subministración sucesiva de consumibles informáticos destinados a esta consellería (expediente 59/2014).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica, Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 01 13/ 981 54 29 99.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 59/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de consumibles informáticos destinados á Consellería de Traballo e Benestar.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: nas dependencias dos distintos centros e unidades administrativas dos servizos centrais e xefaturas territoriais que compoñen a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar.

e) Prazo de execución/entrega: o acordo marco estará vixente durante o prazo de 12 meses a partir da data de formalización. A duración dos contratos derivados baseados no acordo marco subsistirán polo seu propio período de vixencia, aínda cando o acordo marco se extinguise antes.

f) Admisión de prórroga: si, por 12 meses.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

4. Valor estimado:

a) Valor estimado do contrato: novecentos cinco mil novecentos quince euros con cincuenta e oito céntimos (905.915,58 €), incluídas as posibles modificacións e prórroga por 12 meses.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento do contrato derivado, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusulas 16 e 17 da folla de especificacións do PCAP.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 17 de novembro de 2014.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 19 da folla de especificacións do PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

8. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres C.

9. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8.10.2014.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21284

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2014

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar