Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2014/18-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Vego Supermercados, S.A.

Domicilio social: Gambrinus, 9-11, pol. A Grela, 15008 A Coruña.

Denominación: LMT, CS e CT de 630 kVA para supermercado Eroski Center.

Situación: polígono da Gándara, Narón.

Características técnicas: LMT soterrada en anel, cable 12/20 kV, 1×240 mm2 Al, de 2×91 m de lonxitude. Entroncamento no apoio nº 33 na LMT CRN-705 de Unión Fenosa. Centro de seccionamento en caseta prefabricada compartida co CT, con 3 interruptores-seccionadores de 24 kV, 400 A. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón con transformador de 630 kVA, relación 15-20/0,42 kV, en baño de aceite. Aparellaxe de manobra, protección e medida en cabinas metálicas prefabricadas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 18 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña