Visto o artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro),
RESOLVO:
Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no 19 de novembro de 2013, relativa ao proxecto do parque eólico Chan do Eixo, nos concellos da Cañiza e Covelo (Pontevedra), promovido por Parque Eólico Chan do Eixo, S.L., e que se poderá consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, cuarto andar, en Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas