Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2014/175-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: cambio de sección da LMTS MUR801 Caeira en Pasarón.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 253 metros de lonxitude, con orixe no centro de distribución pavillón de deportes e final no centro de transformación Santiaguiño, alimentando os CT Luis Otero nº 9, Mercadona-Santiña, Valentín Paz Andrade, Santiña, Pasarón e o CD Pasarón. A instalación está situada na zona da rúa Fernández Cochón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 2 de outubro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra