Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46002

I. Disposicións xerais

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Decreto 101/2014, do 1 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 153, do 13 de agosto de 2014, cómpre efectuar as seguintes correccións:

No artigo 5, na páxina 34743, onde di: «2.3.1.2.», debe dicir: «2.3.1.1.».

No artigo 7.1, na páxina 34745, onde di: «A Subdirección Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma exercerá as seguintes funcións:», debe dicir: «A Subdirección Xeral do Patrimonio exercerá as seguintes funcións:».

No artigo 7.1, na páxina 34745, debe suprimirse o terceiro guión, que di:

«– A administración e liquidación provisional do patrimonio das herdanzas intestadas deferidas a favor da Comunidade Autónoma de Galicia».

No artigo 11.2.d), na páxina 34752, onde di: «O nomeamento de representantes da Intervención Xeral, así como a designación de funcionarias/os asesoras/os…», debe dicir: «O nomeamento de representantes da Intervención Xeral, así como a designación de funcionarias/os asesoras/es…».

No artigo 19.2.3, no último parágrafo, no inciso final, na páxina 34775, onde di: «… contará co seguinte órgano de apoio:», debe dicir: «…contará cos seguintes órganos de apoio:».

No artigo 19.2.3.2, no segundo guión, na páxina 34776, onde di: «– A tramitación e coordinación administrativa derivada da Secretaría Técnica da Comisión Delegada para Asuntos Económicos e da adscrición do Consello Económico e Social de Galicia á Consellería de Facenda.», debe dicir: «– A tramitación e coordinación administrativa derivada da Secretaría Técnica da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos».

No artigo 19.2.4.2, na páxina 34777, onde di: «Servizo de Custos de Persoal dos Servizos Competentes en materia de saúde, que desenvolverá as funcións anteriormente indicadas en relación co persoal dos ditos servizos e os entes instrumentais adscritos a eles», debe dicir: «Servizo de Custos de Persoal dos Programas Orzamentarios en Materia Sanitaria, que desenvolverá as funcións anteriormente indicadas en relación co persoal dos servizos correspondentes e os entes instrumentais adscritos a eles».

No artigo 19.2.5, na páxina 34778, deben suprimirse os guións quinto e sétimo deste punto, que teñen a seguinte redacción:

«– A coordinación, seguimento e informe dos réximes de axudas públicos e a compatibilidade coa normativa das axudas de Estado».

«– A coordinación administrativa e o seguimento do cumprimento dos acordos da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos e, en particular, dos contratos programa aprobados pola dita comisión».

No artigo 20.2.3, no terceiro guión, na páxina 34783, onde di: «– A recepción, custodia e devolución dos depósitos e fianzas que se constitúan nos servizos centrais da Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia», debe dicir: «– A recepción, custodia e devolución dos depósitos e fianzas que se constitúan na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia».

No artigo 20.2.3.2, no cuarto guión, na páxina 34783, onde di: «– A constitución, custodia e devolución dos depósitos e fianzas constituídos nos servizos centrais da Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia», debe dicir: «– A constitución, custodia e devolución dos depósitos e fianzas constituídos na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia».

No artigo 21.2.2.2, na páxina 34787, onde di: «Servizo doutros Programas Comunitarios:», debe dicir: «Servizo de Xestión do FSE Plurirrexional e Outros Programas Comunitarios:».