Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 13 de outubro de 2014 pola que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas, por comparecencia, das resolucións ditadas nos expedientes administrativos sancionadores (infracción moi grave) incoados por infracción da Lei 4/1994, do 7 de outubro, de estradas de Galicia (LEG), por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente SANC/MG/1/14 e catro máis).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación do Consello Reitor da mesma Axencia (Acordo do 14 de outubro de 2013, DOG do 6 de febreiro), ditou resolución nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa reguladora en materia de estradas que se relacionan no anexo.

Nas devanditas resolucións, ademais de impor sanción de multa nos casos que se indican (sinalando «Resolución sancionadora»), acordouse ordenar tamén a restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción no prazo sinalado en cada resolución, contado desde a notificación (artigo 47.3 LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impor multas coercitivas (artigo 47.4 LEG) e da posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante.

Intentada a notificación persoal destas resolucións consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica.

Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar os interesados deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no servizo da delegación da Axencia na provincia correspondente.

Así mesmo, ponse en coñecemento que a dita resolución esgota a vía administrativa e que se pode interpor ben recurso de reposición ante o Consello Reitor da Axencia Galega de Infraestruturas ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou o de Santiago de Compostela. Os prazos de interposición de cada recurso serán, respectivamente, dun mes e dous meses, computados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou da comparecencia da persoa interesada, de ser o caso.

E para que conste e sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente:

SANC/MG/1/14. Ref. Bis: 111/13.

Denunciada:

Último enderezo coñecido:

Promociones Severino Estévez Comesaña.

Vigo.

Feito denunciado:

Estrada:

Construír cerramento en dominio público.

PO-552.

Resolución:

Sancionadora.

Expediente:

SANC/MG/2/14. Ref. Bis: 113/13.

Denunciada:

Último enderezo coñecido:

Malteca Alxén.

Salvaterra de Miño.

Feito denunciado:

Estrada:

Instalar cartel publicitario en dominio público.

PO-510.

Resolución:

Sancionadora.

Expediente:

SANC/MG/3/14. Ref. Bis: 112/13.

Denunciada:

Último enderezo coñecido: Feito denunciado:

Estrada:

Construcciones y Promociones Malayo.

Vigo.

Construír cerramento en dominio público.

PO-341.

Resolución:

Sancionadora.

Expediente:

SANC/MG/6/14. Ref. Bis: 128/13.

Denunciada:

Último enderezo coñecido:

Restaurante A Vella Escola, S.L.

Salvaterra de Miño.

Feito denunciado:

Estrada:

Instalar cartel publicitario.

PO-510.

Resolución:

Sancionadora.

Expediente:

SANC/MG/14/14. Ref. Bis: 136/13.

Denunciada:

Último enderezo coñecido:

Sodagard, S.L.

Pontevedra.

Feito denunciado:

Estrada:

Efectuar cruzamento a ceo aberto.

PO-353.

Resolución:

Sancionadora.