Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización dos contratos correspondentes aos expedientes de contratación, cofinanciados nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, número 50/2013 e 66/2013.

missing image file

Contratación do servizo para o desenvolvemento da aplicación para a xestión do rexistro de cooperativas, sociedades laborais e centros especiais de emprego (expediente 50/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento do sistema de información para a xestión do rexistro de cooperativas, sociedades laborais e centros especiais de emprego.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia: 10 de xuño de 2013.

Diario Oficial de la Unión Europea: 24 de xuño de 2013.

Boletín Oficial del Estado: 6 de xuño de 2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 297.519,60 €.

5. Orzamento base de licitación: 247.933,00 € mais 52.065,93 € que corresponden ao IVE (21%), o que supón un total de 299.998,93 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 26.3.2014.

b) Data de formalización do contrato: 19.5.2014.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 269.999,04 € (IVE ao 21 % incluído).

Contratación do servizo de posta en marcha dun sistema de licitación electrónica para as entidades locais de Galicia e Administración pública dentro do plan eConcellos (expediente 66/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de posta en marcha dun sistema de licitación electrónica para as entidades locais de Galicia e Administración pública dentro do plan eConcellos.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Diario Oficial de la Unión Europea e Boletín Oficial del Estado.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia: 2 de maio de 2013.

Diario Oficial de la Unión Europea: 27 de abril de 2013.

Boletín Oficial del Estado: 9 de maio de 2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 1.491.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 497.000,00 €, mais 104.370,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 601.370,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 13.3.2014.

b) Data de formalización do contrato: 3.6.2014.

c) Contratista: Vortal-Comércio Electrónico, Consultadoria e Multimédia, S.A.

d) Importe de adxudicación: 393.250,00 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Dirertora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia