Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en expedientes sancionadores.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sito na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 15 de outubro de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0089/2014-BIO.

Denunciada: Joaquina Martínez González.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0092/2014-VNA.

Denunciado: José Manuel Bernárdez Fortes.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0123/2014-LSA.

Denunciado: José Amoedo Pesqueira.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0129/2014-VNA.

Denunciada: Trelles y Rodríguez, S.C.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: SAN-PO-0038/2014-MP.

Denunciado: José Luis Cortizo Nieto.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: SAN-PO-0053/2014-IA.

Denunciado: Feliciano Rial González.

Acto de notificación: proposta de resolución.