Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 13 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento para declarar o reintegro da axuda relativa ao expediente de subvención número 12320011/2009 (Orde do 20 de febreiro de 2009, pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á interesada, que se sinala no anexo deste anuncio, o acordo de inicio dun procedemento para declarar o reintegro da axuda relativa ao expediente de subvención número 12320011/2009 (Orde do 20 de febreiro de 2009, pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na dependencia da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización del.

Concédeselle á interesada un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que estime conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2014

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

– Expediente: procedemento para declarar o reintegro total da axuda relativa ao expediente de subvención número 12320011/2009.

– Interesada: CMVMC de Veciños de Pardollán e Sobredo.

– Acto de notificación: acordo de inicio.

– Último enderezo coñecido: lugar de Pardollán e Sobredo, s/n. Pardollán-Pardollán (Santo Estevo). 32010. Rubiá. Ourense.