Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2014 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea do contrato de servizo de apoio para o proxecto PATCO-ARA Norte. Mozambique.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola Presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a dar publicidade á actuación que a continuación se relaciona en previsión do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Obxecto do contrato.

– Título: servizo de apoio en SIG e cartografía para o proxecto Parzaría de apoio técnico á consolidación da Administración rexional de Augas do Norte (PATCO-ARA Norte). Mozambique.

Clave do expediente: M.14018.

Descrición: o obxectivo xeral do proxecto é o de garantir o desenvolvemento da xestión dos recursos hídricos e das infraestruturas hidráulicas de Mozambique, contribuíndo á redución da pobreza da poboación.

Orzamento de adxudicación: importe neto: 11.500,00 euros. Importe total: 13.915,00 euros.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Data da adxudicación: 26 de maio de 2014.

Contratista: Innovación, Cooperación, Cartografía y Territorio, S.L.

2) Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida está cofinanciada pola Unión Europea nunha porcentaxe máxima do 75 % a través do proxecto Parzaría de apoio técnico á consolidación da Administración rexional de Augas do Norte (ARA-Norte). Mozambique.

Augas de Galicia é o socio coordinador do mencionado proxecto no marco da convocatoria da DG EuropeAid (da Unión Europea): 10 EDF ACP – EU Water facility Restricted Call for Partnerships for Capacity Development in the ACP Water & Sanitation Sector (EUROPEAID/129510/C/ACT/Multi).

Con data do 2 de agosto de 2011 resolveuse desde a Comisión Europea outorgar a Augas de Galicia unha subvención para o financiamento do proxecto PATCO ARA-Norte asinado pola Unión Europea o 8 de xuño de 2012 e por Augas de Galicia o 25 de xuño de 2012 co contrato subvención número 2011/257-073.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2014

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia