Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45680

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1281/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1281/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Carrera Boleas contra Biforis Accesorios de Madera, S.L., Studio Zen, S.L. e Fogasa, administrador concursal de Biforis Accesorios de Madera, S.L. sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 515/2014.

A Coruña, 2 de outubro de 2014.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 1281/2013, seguidos por instancia de Daniel Carreira Boleas, que comparece asistido pola letrada Sra. Gómez Lozano, contra a empresa Biforis Accesorios de Madera, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, contra a empresa Studio Zen, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, contra a administración concursal de Biforis Accesorios de Madera, S.L., comparecendo como administradora concursal Pilar García López, e contra o Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, versando a litis sobre despedimento.

Resolvo.

Primeiro. Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Daniel Carreira Boleas, que comparece asistido pola letrada Sra. Gómez Lozano, contra a empresa Biforis Accesorios de Madera, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, contra a empresa Studio Zen, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, contra a administración concursal de Biforis Accesorios de Madera, S.L., comparecendo como administradora concursal Pilar García López, e contra o Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, e declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa Studio Zen, S.L. a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

Esta opción deberase exercer no prazo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

Segundo. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada Studio Zen, S.L., segundo o disposto no número anterior:

En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 16.104,28 euros.

En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a presente sentenza, calculados a razón de 48,58 euros/día.

Terceiro. Que debo desestimar e desestimo a demanda sobre despedimento formulada contra Biforis Accesorios de Madera, S.L., absolvendo a codemandada de todos os pedimentos da demanda dirixida contra ela.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se arquivará. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna a xuíza que a autoriza, en audiencia pública, no lugar e na data indicados nela».

E para que conste e sirva de notificación a Biforis Accesorios de Madera, S.L. e Studio Zen, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 2 de outubro de 2014

A secretaria xudicial